Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2018

Así vivía a muller

Imaxe
Topei esta magnífica entrada sobre a muller na Antigüidade: Hoy en día, cuando la mujer lucha por alcanzar un plano de total igualdad con el hombre, social y profesionalmente, es importante remontarnos al pasado y ver cuál era su condición en la antigüedad. LA MUJER EGIPCIA Desde sus remotos comienzos, Egipto honró a la mujer transformándola en el hada protectora del hogar y la comunidad. La mujer egipcia gozó, quizá como ninguna otra, de amplias libertades y derechos; podía llegar a ocupar cargos administrativos, realizar operaciones comerciales o, inclusive, sentarse en el trono de los faraones. Puede enumerarse una larga lista de célebres egipcias que fueron madres, esposas e hijas de reyes, cuya influencia en la historia del país del Nilo fue sumamente beneficiosa. Entre otras, recordamos a la princesa Nofret, a la gran faraona Hatshepsut, a la bella Nefertiti, esposa de Amenhotep IV, a Nefertari, gran esposa real de Ramsés II, o a la hija de Seti I, aqu...

Literaturas fundacionais

Atopei este "prezi" para que vexades de xeito claro a cronoloxía do nacemento da Literatura:

O papel da mitoloxía e da relixión nas orixes da literatura

LITERATURAS ORIENTAIS   As primeiras civilizacións desenvolvéronse hai 5.000 anos. Coñécense como “civilizacións fluviais” porque naceron á beira de grandes ríos: Mesopotamia (Tigris e Éufrates); Exipto (Nilo); India (Indo e Ganxes) e China (Amarelo). Nas primeiras civilizacións eleboráronse un conxunto de relatos que trataban de explicar de maneira exemplar os grandes temas que terían acollida na literatura (a orixe das cousas, a creación da vida e o seu sentido, o alén, o ben e o mal…). Proporcionaban unha primeira interpretación dio mundo e da vida humana, do seu comezo e causas. Expresan a ideoloxía dunha sociedade e manteñen os seus valores e ideais, as regras e as prácticas tradicionais sen as que todo se fragmentaría.             As imaxes e os símbolos que aparecen na literatura son considerados imaxes do inconsciente colectivo ou mitos .   Jung afirma que as analoxías entre os mitos antigos e os ...

Egipto: libro de los muertos

Imaxe

Liña do tempo

Imaxe

Educar en igualdade

Imaxe
Se educamos en igualdade, seremos iguais. Séculos de civilización, séculos de historia, séculos de literatura: todos eles contados sen incluír as mulleres, xa que a historia dos varóns era contar a historia da humanidade. As mulleres foron sempre as grandes esquecidas da historia. Ausentes. Ausentes da ciencia e da cultura, aparecen moi escasamente e de cando en cando. Porque non puideron desenvolver as súas capacidades e porque non foron recoñecidas. Por iso, non están nos libros de texto, non están nas enciclopedias. A consecución dos dereitos dos que gozamos actualmente débense aos esforzos de moitas delas, desas que durante séculos traballaron para conseguilos.  Nas primeiras sociedades, as de caza e recolección, as mulleres case sempre eran as que recollían os produtos vexetais. Debido a isto, crese que foron elas as que conduciron as sociedades antigas cara ao Neolítico e convertéronse nas primeiras agricultoras. Pouco a pouco, e a medida que vaiamos avanzando no noso...

Organización do curso 2018-2019

Imaxe
Nesta materia realizaremos un percorrido cronolóxico pola Historia da Literatura Occidental, dende as súas orixes ata o século XX, prestando atención aos grandes movementos e autor@s europe@s e norteamerican@s. Debido a que este curso somos moitas na aula, debemos repensar o sistema que ata este momento mantiñamos e cambialo, xa que é imposible traballarmos do mesmo xeito que faciamos até o de agora. Así pois, este curso o cómputo numérico para acadar a nota en Literatura Universal será o seguinte: .- Un exame por avaliación que inclúe todo o dado na materia neste trimestre con teoría da Historia da Literatura con comentario de fragmentos relacionados : 3 puntos .- Traballo de análise e comentario de 3 libros por avaliación a escoller entre varios, dependendo dos momentos históricos que se estean a dar na aula: 1 punto por libro .- Análise e crítica dunha ou dúas películas: 1 punto .- Comentarios realizados na aula e exposcións orais sobre os temas: 2 puntos. .- E...