Organización do curso 2020-2021
Nesta materia realizaremos un percorrido cronolóxico pola Historia da Literatura Occidental, dende as súas orixes ata o século XX, prestando atención aos grandes movementos e autor@s europe@s e norteamerican@s. Este curso o cómputo numérico para acadar a nota en Literatura Universal será o seguinte: .- Un exame por avaliación que inclúe todo o dado na materia neste trimestre con teoría da Historia da Literatura con comentario de fragmentos relacionados : 2 puntos .- Traballo de análise e comentario de 3 libros por avaliación a escoller entre varios, dependendo dos momentos históricos que se estean a dar na aula e posterior booktuber: 1 punto por libro .- Análise e crítica dunha ou dúas películas: 1 punto .- Comentarios realizados na aula e exposcións orais (vídeos se hai ensino online) sobre os temas: 3 puntos. .- Exercicios de escritura: 1 punto Quen debe estar nesta clase?: As persoas que entendan a Literatura como unha máis das ...