Organización do curso 2018-2019
Nesta materia realizaremos un percorrido cronolóxico pola Historia da Literatura Occidental, dende as súas orixes ata o século XX, prestando atención aos grandes movementos e autor@s europe@s e norteamerican@s. Debido a que este curso somos moitas na aula, debemos repensar o sistema que ata este momento mantiñamos e cambialo, xa que é imposible traballarmos do mesmo xeito que faciamos até o de agora. Así pois, este curso o cómputo numérico para acadar a nota en Literatura Universal será o seguinte: .- Un exame por avaliación que inclúe todo o dado na materia neste trimestre con teoría da Historia da Literatura con comentario de fragmentos relacionados : 3 puntos .- Traballo de análise e comentario de 3 libros por avaliación a escoller entre varios, dependendo dos momentos históricos que se estean a dar na aula: 1 punto por libro .- Análise e crítica dunha ou dúas películas: 1 punto .- Comentarios realizados na aula e exposcións orais sobre os temas: 2 puntos. .- E...