Educar en igualdade
Se educamos en igualdade, seremos iguais. Séculos de civilización, séculos de historia, séculos de literatura: todos eles contados sen incluír as mulleres, xa que a historia dos varóns era contar a historia da humanidade. As mulleres foron sempre as grandes esquecidas da historia. Ausentes. Ausentes da ciencia e da cultura, aparecen moi escasamente e de cando en cando. Porque non puideron desenvolver as súas capacidades e porque non foron recoñecidas. Por iso, non están nos libros de texto, non están nas enciclopedias. A consecución dos dereitos dos que gozamos actualmente débense aos esforzos de moitas delas, desas que durante séculos traballaron para conseguilos. Nas primeiras sociedades, as de caza e recolección, as mulleres case sempre eran as que recollían os produtos vexetais. Debido a isto, crese que foron elas as que conduciron as sociedades antigas cara ao Neolítico e convertéronse nas primeiras agricultoras. Pouco a pouco, e a medida que vaiamos avanzando no noso...