O papel da mitoloxía e da relixión nas orixes da literatura
LITERATURAS ORIENTAIS As primeiras civilizacións desenvolvéronse hai 5.000 anos. Coñécense como “civilizacións fluviais” porque naceron á beira de grandes ríos: Mesopotamia (Tigris e Éufrates); Exipto (Nilo); India (Indo e Ganxes) e China (Amarelo). Nas primeiras civilizacións eleboráronse un conxunto de relatos que trataban de explicar de maneira exemplar os grandes temas que terían acollida na literatura (a orixe das cousas, a creación da vida e o seu sentido, o alén, o ben e o mal…). Proporcionaban unha primeira interpretación dio mundo e da vida humana, do seu comezo e causas. Expresan a ideoloxía dunha sociedade e manteñen os seus valores e ideais, as regras e as prácticas tradicionais sen as que todo se fragmentaría. As imaxes e os símbolos que aparecen na literatura son considerados imaxes do inconsciente colectivo ou mitos . Jung afirma que as analoxías entre os mitos antigos e os ...