Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 14, 2021

Comezamos a ler

Imaxe
O primeiro libro obrigatorio a ler é este: P recioso este Libro sobre a historia do libro de John Agard que publica Comanegra : "Me llamo Libro y te voy a contar mi historia". Unha autobiografía diferente e atraente. Fala do alfabeto, de como foi evoluíndo e mesmo de como convive co libro electrónico, en clave de humor. A historia comeza lembrando a importancia da transmisión oral: "Antes que el libro, existió la voz". Logo, inicíanos na historia da escritura, os símbolos, as técnicas que se utilizaban antigamente -dende a arxila ata o pergameo-, a chegada da imprenta... Non esquece nada, contado en primeira persoa, porque é o Libro quen fala. Con humor, con intelixencia e de xeito ameno. Asemade, conta coas ilustracións de Neil Packer e citas intercaladas.

Coñecémolos?

Imaxe
Alguén sabe quen son estes escritores aquí retratados???

Organización do curso 2020-2021

Imaxe
Nesta materia realizaremos un percorrido cronolóxico pola Historia da Literatura Occidental, dende as súas orixes ata o século XX, prestando atención aos grandes movementos e autor@s europe@s e norteamerican@s.     Este curso o cómputo numérico para acadar a nota en Literatura Universal será o seguinte: .- Un exame por avaliación que inclúe todo o dado na materia neste trimestre con teoría da Historia da Literatura e con comentario de fragmentos relacionados : 3 puntos .- Traballo de análise e comentario de 3 libros por avaliación a escoller, dependendo dos momentos históricos que se estean a dar na aula: 1 punto por libro .- Análise e crítica dunha ou dúas películas: 1 punto .- Comentarios realizados na aula e exposicións orais sobre os temas: 2 puntos. .- Exercicios de escritura:  1 punto      Quen debe estar nesta clase? As persoas que entendan a Literatura como unha máis das Artes , que gozan contando ou recibindo historias, que aman a...