Comezamos a ler
O primeiro libro obrigatorio a ler é este:
Precioso este Libro sobre a historia do libro de John Agard que publica Comanegra:
"Me llamo Libro y te voy a contar mi historia". Unha autobiografía
diferente e atraente. Fala do alfabeto, de como foi evoluíndo e mesmo de
como convive co libro electrónico, en clave de humor.
A historia comeza lembrando a importancia da transmisión oral: "Antes
que el libro,
existió la voz". Logo, inicíanos na historia da escritura, os símbolos,
as técnicas que se utilizaban antigamente -dende a arxila ata o
pergameo-, a chegada da imprenta... Non esquece nada, contado en
primeira persoa, porque é o Libro quen fala. Con humor, con intelixencia
e de xeito ameno. Asemade, conta coas ilustracións de Neil Packer e citas intercaladas.

Comentarios
Publicar un comentario